O Concello de Boqueixón publica a listaxe provisional de puntuacións provisional da bolsa de emprego de persoal laboral temporal para postos de educación infantil. Pódese descargar nesta ligazón.
O prazo para presentar reclamacións é de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución. As reclamacións poderán ser presentadas no Rexistro Xeral da Casa do Concello en horario de 9:00 a 14.30 horas de luns a venres.
As solicitudes que se efectúen noutro Rexistro Xeral distinto ao de Boqueixón deberán remitir unha copia da solicitude ao fax 981 513 000 ou ao enderezo de correo electrónico emprego@boqueixon.gal dentro do prazo máximo de presentación de documentación.
Ante calquera dúbida as persoas aspirantes poden chamar ao 981 513 061.
O tribunal seleccionador acorda tammén que unha vez finalizado o período de reclamacións establecido e unha vez sexan resoltas procederase a realizar o sorteo público nos casos nos que se manteña a igualdade de puntuación entre as candidaturas para dirimir o empate atendendo ao fixado nas bases.