A Deputación da Coruña vén de abrir o prazo de solicitude de subvencións e axudas públicas para pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas da provincia. Nas seguintes liñas, pódense consultar os extractos das distintas resolucións relativas a estas axudas.
- Extracto da Resolución número 2019 / 8674, do 07 de marzo de 2019, da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se aproba a convocatoria das Axudas á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas (LINEA 3.1. PEL- PEMES CRE AMP).
http://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2019/03/20/2019_0000002017.html
- Extracto da Resolución número 2019/8973 do 11 de marzo, da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se aproba a convocatoria de axudas á consolidación do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio á realización de actividades e/ou actuacións no desenvolvemento da iniciativa empresarial (Liña 2.6_ Pel Emprende Actividades 2019).
http://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2019/03/20/2019_0000002019.html
- Extracto da Resolución número 2019 / 8675 do 07 de marzo de 2019, da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se aproba a convocatoria das Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas (LINEA 3.2. PEL- PEMES MANT 2019)
http://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2019/03/20/2019_0000002020.html
- Extracto da Resolución número 2019/8972 do 11 de marzo, da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se aproba a convocatoria de axudas á consolidación do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables. (Liña 2.1_ Pel Emprende Investimento 2019).
http://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2019/03/20/2019_0000002021.html