O auditorio do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude acollerá entre os vindeiros 25 e 29 de marzo o curso Profesionalización, responsabilidade social e ambiental na xestión forestal. Edición Galicia. Trátase dunha acción gratuíta para persoas desempregadas cofinanciada polo Fondo Social Europeo, en colaboración con FSC Boques para todos para siempre. A iniciativa ten como principal obxectivo a especialización forestal para o emprego.
O curso, que se desenvolverá en horario de mañá e tarde, comprende un total de 36 horas lectivas. Todas elas están divididas en cinco módulos, que se complementarán cunha xornada de visitas técnicas. O programa completo pódese consultar no arquivo adxunto ou premendo aquí: CursoProfesionalizacionForestal
As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse a través deste formulario on line: https://bit.ly/2MRtf65. Para máis información, deberán contactar a través do enderezo electrónico l.guerra@es.fsc.org ou nos teléfonos 91 446 48 81 ou 673 595 757.
O programa do curso dará comezo o luns 25 de marzo ás 10.00 horas coa recepción aos asistentes. Tras a apertura, que correrá a cargo de Alberto Rojo, representante da Xunta Directiva de FSC España, comezará a primeira das charlas. Esta será impartida polos técnicos de FSC España Marcos Estévez e Segundo Rodríguez, que falarán sobre a Certificación FSC de xestión forestal (XF) e cadea de custodia (CdC) en Galicia. Importancia global, datos para España e Galicia. Estándar español de XF. A continuación, Noemí García, responsable do grupo FSC Propietarios das Mariñas, ofrecerá unha sesión titulada Certificación FSC de grupo GF/CdC e CdC aspectos prácticos.
A xornada do martes 26 de marzo comezará coa sesión Protección do patrimonio natural (hábitats e especies) e cultural de efectos negativos da xestión forestal. Será impartida polos Técnicos de FSC España, Marcos Estévez, Segundo Rodríguez e Lorena Guerra. Seguidamente, o director técnico de Forestal Faro, SL, Francisco Álvarez falará sobre a Xestión forestal FSC en ZEC da Rede Natura 2000 de Galicia.
Tras a pausa, os técnicos de FSC España impartirán un módulo formativo sobre Servizos Ecosistémicos (carbono, auga, biodiversidade, solo e recreo), cambio climático, e Economía circular e baixa en carbono. Xa pola tarde, o director da Escola de Enxeñería Forestal da Universidade de Vigo, Juan Picos, falará sobre o Perfil profesional demandado por empresas de aproveitamentos e servizos forestais.
As visitas técnicas centrarán a xornada do mércores 27 de marzo. As persoas participantes nesta acción formativa desprazaranse en autobús a varios montes certificados FSC con diferentes operacións forestais en curso (Aproveitamento forestal, tratamentos silvícolas). Ademais, realizaranse visitas a empresas de 1ª e 2ª transformación da madeira certificadas FSC en Cadea de Custodia.
O curso continuará o xoves 28 de marzo cunha sesión sobre Mellora xenética, silvicultura e sanidade de Piñeiro no NO de España, que correrá a cargo de Francisco Dans, director técnico de SELGA. A continuación, o xerente de I+D Forestal de ENCE Energía y Celulosa, Federico Ruiz Fernández, falará sobre Programadas de Mellora. Técnicas de reproducción. Calidade de planta e Selvicultura do eucalipto no NO de España. A mañá concluirá coa charla sobre Pragas e enfermidades do eucalipto e Control biolóxico de Gonipterus platensis e Phorocantha semipunctata, que impartirá T. Perteguer, I+D Forestal de ENCE Energía y Celulosa.
Xa pola tarde, os tres técnicos de FSC España aportarán unhas Notas sobre xestión forestal adaptativa ao cambio global. Cerrará esta xornada o enxeñeiro de montes Fernando Iglesias que falará Seguridade e saúde en traballos forestais.
O curso finalizará o venres 29 de marzo. Comezará coa charla do enxeñeiro de Montes Fernando Iglesias sobre Manexo e mantemento de maquinaria forestal (aspectos técnicos e de PRL). Continuará coa ponencia de Pedro Besteiro, formador experto en maquinaria forestal, sobre Manexo e mantemento de maquinaria forestal (aspectos técnicos e de PRL). Concluirá a xornada final coa charla do enxeñeiro de Montes, Francisco Álvarez sobre Obtención de permisos e xestión de residuos.
Adxuntos
- CursoProfesionalizacionForestal (541 kB)
- CursoProfesionalizacionForestal (541 kB)
- CursoProfesionalizacionForestal (541 kB)
- CursoProfesionalizacionForestal (541 kB)