RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A) da Consellería de Economía, Emprego e Industria. (DOG núm. 44 do luns, 3 de marzo de 2019.
O OBXECTO desta resolución é convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás
accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (código de
procedemento TR306A).
COMPETENCIAS CLAVE QUE SE CONVOCAN
1. Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:
• Comunicación en lingua galega.
• Comunicación en lingua castelá.
• Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
• Competencia matemática.
2. As competencias clave requiridas para todos os certificados de profesionalidade das 26 familias
profesionais do Repertorio nacional de certificados de profesionalidade para os niveis de cualificación 2 e 3, son competencia matemática, comunicación en lingua castelá e comunicación en lingua galega.
A competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos certificados de
profesionalidade que teñen un módulo formativo de lingua estranxeira e que se especifican no anexo VI desta resolución.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO
1. O prazo para presentala é a partir do día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata o 29 de marzo de 2019. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ). Consultar o artigo 5 da citada orde.
2. A documentación que as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude é a que se esixe no artigo 6 da citada Orde.
REQUISITOS DE ACCESO Á FORMACIÓN DE CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE. EXENCIÓNS E VALIDACIÓNS ÁS PROBAS DE AVALIACIÓN: cómpre establecer as posibles exencións ás probas e validacións das distintas competencias clave, así como consideracións sobre a expedición de certificados de profesionalidade. Consultar os artigos 3 e 4 da Orde de convocatoria.
REALIZACIÓN DAS PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE.
O/a candidato/a realizará unha proba por cada unha das competencias clave convocadas nas cales se inscribise. A duración da proba en cada competencia clave é dunha hora. (consultar o artigo 9).
Os/as interesados/as poderán consultar a Orde de convocatoria que se xunta neste texto informativo. Tamén poderán consultar co INSTITUTO GALEGO DAS CUALIFICACIÓNS da XUNTA DE GALICIA.