O Agader vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha nova convocatoria de axudas dirixida á “Ampliación e modernización de todo tipo de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias”. Esta liña de subvencións intégrase na medida 6.4 “Investimentos en actividades non agrarias” do PDR de Galicia 2014-2020.
O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes dende a data da publicación. Esta liña de axudas contempla ata un 45% de subvención do importe total do proxecto a desenvolver.
Para máis información, pódese enviar un correo electrónico a infoagader@xunta.gal ou chamar aos teléfonos 981547382 – 981547369 – 981542690.
A continuación, desglósanse as principais condicións que deberán cumprir as iniciativas para obter estas axudas.
Os proxectos poderanse localizar en calquera territorio de Galicia, agás nas seguintes parroquias:
Parroquia | Concello | Parroquia | Concello |
TEMPLE (EL) (SANTA MARIA) | A Coruña | OURENSE | Ourense |
CORUÑA (A) | A Coruña | MONTEALEGRE (LA MILAGROSA) | Ourense |
OZA (SANTA MARIA DE) | A Coruña | VISTA FERMOSA (SAN XOSE) | Ourense |
VIÑAS (SAN CRISTOBAL DAS) | A Coruña | PONTEVEDRA | Pontevedra |
VISMA (SAN PEDRO DE) | A Coruña | LEREZ | Pontevedra |
ALMEIRAS (SAN XIAN) | Culleredo | MOURENTE | Pontevedra |
BURGO (O) (SANTIAGO) | Culleredo | SALCEDO | Pontevedra |
RUTIS (SANTA MARIA) | Culleredo | VIRXE DO CAMIÑO (A) | Pontevedra |
FERROL | Ferrol | POIO (SAN SALVADOR P.) | Poio |
TRASANCOS (SANTA ICIA) | Ferrol | VIGO | Vigo |
NARON | Narón | ALCABRE | Vigo |
PERILLO (SANTA LEOCADIA) | Oleiros | CANDEAN | Vigo |
SANTIAGO DE COMPOSTELA | Santiago Compostela | CASTRELOS | Vigo |
SANTIAGO (SAN CAETANO) | Santiago Compostela | COMESAÑA | Vigo |
SANTIAGO (SAN LAZARO) | Santiago Compostela | FREIXEIRO | Vigo |
SANTIAGO (SAN XOAN DE FORA) | Santiago Compostela | LAVADORES | Vigo |
LUGO | Lugo | NAVIA | Vigo |
VALENZA (A) (SAN BERNABE) | Barbadás | SARDOMA | Vigo |
TEIS | Vigo |
A convocatoria será moi similar a publicada no ano 2018 (http://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda/empresas-non-agricolas). A principal diferencia é que terá carácter anual.
A concesión de axudas será en concorrencia competitiva e os promotores en ningún caso poderán ter iniciados os investimentos antes da data da solicitude de axuda.
Beneficiarios:
- As microempresas e pequenas empresas ubicadas en zona rural
- Persoas físicas que residan nunha zona rural.
- Titulares e/ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación
Proxectos Subvencionables:
- Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.
- Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE). Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 60.000 €.
- Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos
- Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola…).
- Actividades de ocio, recreativas e deportivas.
- Artesanía e actividades artesanais.
- Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.
- Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
- Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.
Gastos Subvencionables
Con carácter xeral, serán subvencionables a compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial e que sexan necesarios para desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.
Gastos Non subvencionables:
- Unidades de investimento cuxa base impoñible sexa igual ou inferior a 1000€
- Material funxible en xeral.
- Envases e embalaxes, aínda cando sexan reutilizables.
- A reposición ou simple substitución de equipamento e maquinaria, salvo que a nova adquisición corresponda a equipamentos ou maquinaria distintos dos anteriores, ben pola tecnoloxía utilizada ou polo seu rendemento ou eficiencia ambiental, que deberá xustificarse na memoria-resumo do proxecto (anexo III).
- Equipos de calefacción, climatización e ventilación, así como as instalacións que comporten.
- Traídas e acometidas de servizos.
- Adquisición de maquinaria, equipamento e materiais de segunda man.
- Adquisición de maquinaria e equipamento destinada ao aluguer.
- Equipos informáticos de oficina e licenzas informáticas en sistemas operativos e aplicacións de ofimática.
- Deseño e/ou actualización de páxinas web.
- A compra de vehículos de transporte exterior, así como a compra de vehículos especiais agrícolas e de obras, e a súa adecuación.
- Mobiliario, instalacións, útiles e ferramentas.
- Investimentos non axustados no seu dimensionamento e capacidade ás actividades que vai a desenvolver a empresa a curto prazo, ou ben dun importe unitario superior ao básico do mercado para unidades ou elementos de igual capacidade.
- Investimentos non relacionados directamente coas actividades desenvolvidas polo solicitante.
- Os gastos de aluguer de instalacións e equipos, nin os investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing).
- A man de obra propia e os materiais de igual procedencia.
- As taxas por licenzas administrativas.
- O imposto de valor engadido (IVE) e calquera outro imposto, agás que non sexa recuperable pola persoa beneficiaria.
- Os gastos financeiros producidos como consecuencia do investimento.
- Os xuros debedores.
- Os conceptos do orzamento sen desagregar tales como “outros”.
- Os investimentos realizados con carácter previo á presentación da solicitude da axuda.
Importe da Axuda
45% dos gastos subvencionables
Cómpre lembrar que para calquera dúbida as persoas promotoras poden pórse en contacto co Agader a través do enderezo electrónico: infoagader@xunta.gal ou nos teléfonos: 981547382 – 981547369 – 981542690.