A Deputación da Coruña vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes de subvencións para entidades. As propostas deberán entregarse antes do próximo 15 de febreiro. As liñas de axudas están divididas nas seguintes categorías:
- Bases reguladoras do programa de subvencións a corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato da provincia da Coruña, para o desenvolvemento de actividades culturais durante o ano 2019. Toda a información sobre a convocatoria atópase neste enlace.
- Bases reguladoras do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar actividades culturais durante o ano 2019. Premendo aquí pódese consultar a información completa.
- Bases reguladoras do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas na provincia da Coruña durante o ano 2019. Toda a información, facendo clic aquí.
- Bases reguladoras do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar investimentos culturais durante o ano 2019. Pódese ler toda a convocatoria neste enlace.
Para calquera dúbida, as entidades interesadas pódense dirixir ao Departamento de Educación e Cultura do Concello de Boqueixón a través do e-mail cultura@boqueixon.gal ou no teléfono 981 513 115.