O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a Resolución do 11 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa destinadas a particulares e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2019 e se procede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións (IN421H, IN421I). AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA.
BENEFICIARIOS
As persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre un inmoble de dereito residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables descritas no artigo 3 se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, as agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade, sen que estas se poidan disolver ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES:
Serán subvencionables:
- O custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción de cinzas).
- Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento de
- O custo do sistema de almacenamento do
- O custo do sistema de alimentación do
- O custo de montaxe e conexión.
- IVE, cando non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre
En todo caso, os beneficiarios que gocen da exención do IVE, deberán acreditar esta circunstancia mediante a presentación do correspondente certificado emitido pola administración tributaria.
CONTÍA:
- A dotación máxima para financiar esta convocatoria é de 1.044.000 € que se distribuirá do seguinte xeito:
MEDIDA 7.2 Creación, mellora e expansión de infraestruturas a pequena escala, incluíndo enerxía renovable e aforro enerxético | Anualidade 2019 | Aplicación orzamentaria |
BIOMASA (tipoloxía B2-B3 en zonas non densamente poboadas) | 1.044.000 € | 09.A2.733A.780.1 |
- O importe dos fondos previstos entenderase máximo, ben que cabería a posibilidade de ampliar o crédito como consecuencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. Isto podería dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo coa orde de prelación de solicitantes que resulte da aplicación dos criterios de valoración fixados no artigo 19 das bases
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
As entidades colaboradoras contarán cun prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para solicitaren a súa adhesión, cubrindo e confirmando o formulario de adhesión (anexo II).
O prazo de presentación das solicitudes de axudas será dun (1) mes contado desde o
día seguinte ao de remate do prazo de adhesión das entidades colaboradoras. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal) de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP). Se a entidade colaboradora presenta a solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para consultar a convocatoria completa, podes ver o DOG. núm. 4, publicado o luns 7 de xaneiro de 2019, ou ben descargar o arquivo anexo ou visionalo clicando aquí: DOG-XAN-19
Adxuntos
- DOG-XAN-19 (2 MB)
- DOG-XAN-19 (2 MB)
- DOG-XAN-19 (2 MB)
- DOG-XAN-19 (2 MB)