O Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña vén de publicar as bases reguladoras para subvencións a entidades. Así, distínguense as seguintes convocatorias:
- Bases reguladoras do programa de subvencións a corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato da provincia ca coruña, para o desenvolvemento de actividades culturais durante o ano 2019. Podes consultar a convocatoria completa neste enlace.
- Bases reguladoras do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar actividades culturais durante o ano 2019. Premendo aquí podes consultar a información completa.
- Bases reguladoras do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas na provincia da Coruña durante o ano 2019. Toda a información, facendo clic aquí.
- Bases reguladoras do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar investimentos culturais durante o ano 2019. Podes ler toda a convocatoria neste enlace.