O Departamento de Cultura e Educación do Concello de Boqueixón vén de abrir as inscricións para o programa de conciliación para as próximas festas Nadal Activo. Este espazo lúdico-educativo para a conciliación da vida laboral e familiar está dirixido a rapazas e rapaces de Educación Infantil e Primaria.
As actividades desenvolveranse nas instalacións do Forte os días 26, 27 e 28 de decembro e o 2, 3, 4 e 7 de xaneiro. O horario de entrada será de 09.00 a 10.00 horas e o de saída, de 13.30 a 14.00 horas.
Para a posta en marcha deste programa requírese un grupo mínimo. O prezo é de 25 euros por participante. Ofrécense distintos descontos para segunda/o filla/o (25% de desconto); para o terceira/o filla/o (50%) e para cuarta/o filla/o e sucesivos, de balde.
As inscricións deberanse realizar antes do luns 17 de decembro no Departamento de Cultura e Educación do Concello de Boqueixón, entregando a ficha (que se pode descargar no arquivo adxunto ou premendo aquí) debidamente cumprimentada e realizando o abono correspondente da cota de inscrición.
Para máis información, pódese contactar co Departamento de Cultura e Educación no teléfono 981 513 115 ou no e-mail cultura@boqueixon.gal.
Adxuntos
- FichaInscricionNadalActivoBoqueixon (203 kB)
- FichaInscricionNadalActivoBoqueixon (203 kB)
- FichaInscricionNadalActivoBoqueixon (203 kB)
- FichaInscricionNadalActivoBoqueixon (203 kB)