O Local Social de Gastrar acollerá mañá, sábado 24 de novembro, a presentación do libro da Editorial Toxosoutos ‘Unha matanza esquecida’, de Severino Fernández Abel. O acto, que terá lugar a partires das 17.00 horas, contará coa presenza do alcalde do Concello de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, e mais do delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro Tato. Tamén intervirán nesta presentación o profesor da USC Xesús Balboa e mais a representante da Editorial Toxosoutos, Patricia Torrado.
Baixo o título ‘Unha matanza esquecida-Gastrar e Vigo (Boqueixón): Historia dun escarnio durante a Primeira Guerra Carlista’, esta obra céntrase neste episodio histórico que tivo lugar no municipio boqueixanés. Dende o Concello animan á veciñanza a acudir a esta presentación.