A Asociación de Persoas Sordas de Santiago de Compostela (APSSC) ofrece un curso gratuíto de inicación á Lingua de Signos. Esta iniciativa desenvolverase os próximos días 15, 22 e 29 de novembro, en horario de tarde, entre as 16.00 e as 19.00 horas.
Esta acción formativa, que durará un total de 10 horas, proporcionará ás persoas participantes uns coñecementos básicos sobre a LSE (Lingua de Signos Española). Esta iniciativa está aberta a toda a veciñanza de Boqueixón e para asistir deberanse inscribir no Departamento de Cultura (981 513 115 ou cultura@boqueixon.gal).
As prazas son limitadas.