Na Xunta de Goberno extraordinaria do día 5 de novembro de 2018, adoptouse o seguinte acordo:
1.- Permutar a finca nº 390-1 do plano xeral de concentración parcelaria Boqueixón II- A Granxa, propiedade do concello de Boqueixón. Rústica cunha superficie de unha hectárea seis áreas e sesenta centiáreas (10600 m2). Valoración: 15.926,46€. Lindes: norte, Pilar Rendo Rendo(391), Lourdes Casal Fontela(392), Soledad Varela Gontas (393); Sur, camiño, Julio Pacheco Blanco (389); leste, Maria Inés Pérez Casal (390-2); Oeste, Celso Jesús Miguélez Vázquez (388), Julio Pacheco Blanco (389) coa finca nº 222 do plano de concentración parcelaria da zona de Boqueixón propiedade de dona Ana María Seijas Moreno. Labradío e monte ao sitio de Sobreiro cunha superficie de corenta e dúas áreas e trinta e dúas centiáreas (4232m2). Valoración: 16.538,04 €. Lindes: Norte, Francisco Millán Torres (185); Sur, camiño; Leste, camiño; Oeste, masa común.
2.- Publicar este acordo no Boletín Oficial da Provincia e na páxina web municipal durante 15 días hábiles.
3.- Dar conta deste acordo ao órgano competente da comunidade autónoma.
4.- Facultar ao Alcalde para a realización de todos os trámites precisos para o cumprimento deste acordo.
Boqueixón, 8 de novembro de 2018
O alcalde
Manuel Fernández Munin