NORMATIVA
Orde do 16 de outubro de 2018, polo que se convoca o procedemento para a concesión de axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma para o ano 2018 (DOG nº206, 29/10/2018)
OBXECTO
Convocar axudas económicas de pago único ás familias numerosas de Galicia. Teñen como finalidade sufragar parte dos gastos das estadías e consisten nunha subvención de 35€ por persoa e estadía de fin de semana para os adultos e nen@s de 12 ou máis anos, e de 37,50 € para os menores de 12 anos.
PERSOAS BENEFICIARIAS
-Familias numerosas residentes en Galicia
REQUISITOS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS
– Que o título de familia numerosa estea en vigor na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes
-Que a renda per cápita da unidade familiar non supere os 10.500 € anuais.
DOCUMENTACIÓN
-Modelo solicitude (Anexo I e II)
-Certificado de convivencia da unidade familiar
LUGAR DE PRESENTACIÓN
- Preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Consellería de Política Social
- En calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4. da Lei 39/2015, do 1 de outubro, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Nos servizos sociais comunitarios do Concello de Boqueixón 981 51 31 06
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOG. Ata o 30 de Novembro de 2018