O Concello de Boqueixón vén de poñer en marcha este mes de outubro o novo servizo de conciliación familiar e laboral Madrugadores. Este programa está dirixido a escolares de Educación Infantil e Primaria, aos que se lles ofrecerá este servizo, en horario de 8.30 e as 10.00 horas, segundo a demanda existente. Para facilitar a conciliación, tamén se ofrece a posibilidade de reservar días soltos.
As actividades desenvólvense nas instalacións do CPIP Antonio Orza Couto. Aquelas familias interesadas en beneficiarse deste servizo, poden poñerse en contacto co Departamento de Educación e Cultura (981 513 115 // cultura@boqueixon.gal).