O Concello de Boqueixón porá en marcha a partires de outubro o novo servizo de conciliación familiar e laboral Madrugadores. Este programa está dirixido a escolares de Educación Infantil e Primaria, aos que se lles ofrecerá este servizo entre as 08.30 e as 10.00 horas, segundo a demanda existente.
As actividades desenvolveranse nas instalacións do CPIP Antonio Orza Couto. Aquelas familias interesadas en beneficiarse deste servizo, pódense poñer en contacto co Departamento de Cultura e Educación (981 513 115 // cultura@boqueixon.gal). Para formalizar a inscrición cómpre cubrir a ficha correspondente, que se pode descargar aquí.