A Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela organiza o próximo 6 de outubro no pavillón de Lestedo o seu Encontro de Familia e Xuventude. As actividades desenvolveranse durante toda a tarde, en horario de 16.30 a 20.00 horas) e están abertas a todas as persoas interesadas.
Haberá Intérprete de Lingua de Signos Española durante a apertura e as distintas propostas, polo que esta xornada será accesible para todos os públicos. Para participar neste encontro, no que tamén colabora o Concello de Boqueixón, deberase formalizar inscrición previa antes do 3 de outubro.
O programa de actividades é o seguinte:
- 16.30 horas: Presentación coas intervencións de Sonia Fonseca (Área de Familia da APSSC); Fátima Granja (Área de Xuventude da APSSC); Isolina Piñeiro (presidenta de ANPANXOGA), e Manuel Fernández, alcalde de Boqueixón.
- 16.45 horas: Creba-xeo
- 17.00 horas: Actividades dinámicas (haberá xogos dinámicos e tradicionais, compartiranse actividades e os/as participantes concursarán por grupos formados por todos/as)
- 19.30 horas: Foto de familia
- 20.00 horas: Clausura
Máis información a través do teléfono 981 582 968 ou no e-mail asopssc@hotmail.com.