A Agrupación do Val do Ulla -Concellos de Boqueixón, Vedra e Vila de Cruces abre un novo prazo de solicitudes para o programa Galeuropa. Neste caso, ofértase unha praza para Malta para unha estancia de dous meses. As solicitudes deberanse presentar entre o 25 e o 27 de setembro, ambos inclusive. A ficha de inscrición podes descargala aquí. Máis información: galeuropavaldoulla@gmail.com ou nos teléfonos 981 513 115, 986 582 017, 669 450 801.
Requisitos:
Estar inscritos/as e figurar como beneficiarios/as no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Forma de presentación de solicitudes:
Mediante e-mail galeuropavaldoulla@gmail.com
Documentación a presentar:
- Instancia (ficha de inscrición)
- Xunto coa seguinte documentación requirida: copia do dni, certificado de garantía xuvenil, currículo europeo en galego e en inglés, xustificante de ser vítima de violencia de xénero ou persoa en risco de exclusión social, se é o caso.
O novo prazo de presentación de solicitudes:
Dende o 25 ao 27 de setembro, ambos inclusive.
Mobilidades ofertadas:
– Malta: 1 praza
Duración das mobilidades: 2 meses
Mail de contacto: galeuropavaldoulla@gmail.com
Teléfonos de contacto: 981513115, 986582017, 669450801
Máis información: www.boqueixon.gal, www.concellodevedra.com, www.viladecruces.gal
Adxuntos
- GaleuropaFinal (255 kB)
- GaleuropaFinal (255 kB)
- GaleuropaFinal (255 kB)
- GaleuropaFinal (255 kB)