O Concello de Boqueixón ten aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas e Culturais do Concello de Boqueixón e para as Actividades Físicas e Deportivas que aínda contan con algunhas prazas dispoñibles.
Inscricións nas Escolas Deportivas e Culturais
No primeiro caso ofértanse as seguintes disciplinas: Teatro, Pintura, Inglés, Patinaxe, Judo e Xadrez. A maiores, ofrécese o programa da Ocioteca e de Apoio Educativo. Tamén están abertas as inscricións para o programa de Madrugadores.
As inscricións nas Escolas Culturais e Deportivas do Concello de Boqueixón deberán formalizarse no Departamento de Cultura (cultura@boqueixon.gal). As fichas de inscrición tanto as de carácter xeral coma as do servizo de Madrugadores pódense descargar nos arquivos adxuntos.
Inscricións nas Actividades Físicas e Deportivas
No caso das Actividades Físicas e Deportivas, aínda quedan prazas dispoñibles para as clases de Zumba en Camporrapado e Sergude, Bailoterapia en O Forte e Pilates en Ledesma.
Toda persoa interesada nestas actividades deberanse poñer en contacto co Departamento de Cultura (cultura@boqueixon.gal ou no teléfono 981 513 115) para formalizar a inscrición correspondente. Esta deberase realizar cubrindo a ficha de inscrición correspondente que se pode descargar aquí.
Dende o Concello lembran á veciñanza que quedan poucos días para formalizar as inscricións en ambos os dous programas. Para máis información, poderanse dirixir ás oficinas do Departamento de Educación e Cultura.
As fichas de inscrición de carácter xeral e as do programa Madrugadores, tamén se poden descargar nos arquivos adxuntos.