PUBLICACIÓN | DOG núm. 158 do 21/08/2018 | ||||
OBXECTO | LIÑA A: Mellora da eficacia enerxética e sustentación en vivendas . (Esixe unha redución da demanda enerxética anual global do 20% na zona A e B, 25% na zona C e 35% zona D e E) LIÑA B: Fomento da conservación, mellora da seguridade de utilización e accesibilidade en vivendas | ||||
PROCEDEMENTO | Concorrencia non competitiva (prioridade licenzas e comunicación previa con declaración responsable sobre solicitudes de licenza e comunicación previas sen a declaración responsable). Concesión da axuda por data de documentación completa. Plurianulialidade | ||||
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES | Remata o 21/09/2018 | ||||
PRESENTACIÓN CON OBRAS INICIADAS? | As obras poden estar iniciadas no ano 2018 pero non poden estar rematadas á data de publicación da orde no DOG | ||||
REQUISITOS | -Finalización dos edificios ou vivendas solicitantes anterior a 01/01/1996 -Domicilio habitual á data da solicitude, en caso de vivendas particulares -70% de superficie sobre rasante de uso residencial (excluída planta baixa e inferiores), en caso de vivendas de tipoloxía residencial colectiva -50% das vivendas do edificio constitúan domicilio habitual, en caso de vivendas de tipoloxía residencia colectiva | ||||
PRAZO DE EXECUCIÓN | Determinado na resolución de concesión (cun máximo de 24 meses dende a notificación, o 26 meses se son obras da liña A en edificios de máis de 40 vivendas) | ||||
SOLICITANTES | – Persoas físicas e xurídicas de natureza privada, propietarias de vivendas unifamiliares, edificios de tipoloxía residencial colectiva e vivendas dentro destes edificios – Comunidades de propietarios e agrupacións de comunidades de propietarios – Agrupación de persoas propietarias – Sociedades cooperativas compostas por agrupacións de persoas propietarias – Empresas construtoras, arrendatarias e concesionarias de edificios e cooperativas con contrato que lle outorgue a facultade expresa de acometer as obras de rehabilitación previstas nesta orde – Persoas físicas arrendatarias da vivenda, que por acordo coa persoa arrendadora asuman o custo das obras de rehabilitación a cambio do pago da renda – Empresas de servizos enerxéticos no caso das obras da liña A | ||||
CONTÍA. MÁXIMO POR VIVENDA | LIÑA A | VIVENDA PARTICULAR | -Xeral: 12.000 euros -Persoa con discapacidade: 18.000 euros -Discapacidade intelectual igual ou superior a 33% ou física a 65%: 24.000 euros | ||
EDIFICIO | – Xeral: 8.000 euros por vivenda + 80 euros m2/local -Persoa con discapacidade: 12.000 euros -Discapacidade intelectual igual ou superior a 33% ou física a 65%: 16.000 euros | ||||
LIÑA B | CONSERVACIÓN | -3.000 euros por vivenda + 30 euros m2/local | |||
SEGURIDADE DE UTILIZACION E ACCESIBILIDADE (OU ACTUACIÓNS CONXUNTAS CON CONSERVACIÓN) | -Xeral: 8.000 euros por vivenda + 80 euros m2/local -Persoa con discapacidade: 14.000 euros -Discapacidade intelectual igual ou superior a 33% ou física a 65%: 17.000 euros | ||||
Nas dúas liñas se suma 1.000 euros por vivenda e 10 euros m2/local se o edificio é BIC. < 35 anos e actuacións en concellos <5000 habitantes: un 25% máis nas axudas unitarias | |||||
CONTÍA. MÁXIMO POR CUSTO SUBVENCIONABLE | –40% do custo subvencionable –75% do custo subvencionable: se os ingresos do 2017 da unidade de convivencia son inferiores a 3 veces o IPREM, se hai unha persoa con discapacidade ou maior de 65 anos. *No caso de que o solicitante sexa empresa construtora, arrendataria ou concesionaria do edificio ou cooperativa (que non sexa de persoas propietarias) o límite máximo é o 40% | ||||
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE | O solicitante é unha comunidade de propietarios (ou agrupación destas) ou persoa física propietaria da vivenda (ou agrupación destas) | – Anexo 1 – Documento que acredite a representación, no caso de haber representante – Título que acredite a propiedade: Escritura pública, nota simple rexistral da vivenda (no caso das persoas físicas ou agrupación de persoas propietarias) ou copia da escritura de división horizontal inscrita no rexistro da propiedade (no caso das comunidades de propietarios ou agrupacións de comunidades de propietarios) – Proxecto técnico asinado por técnico competente ou memoria descritiva das actuacións: debe identificar o edificio ou vivenda, incluír fotografías e orzamento desagregado e detallado (+xustificación do cumprimento da súa adecuación ao CTE e demais normativa de aplicación para actuacións da liña A) – Informe técnico con data anterior á presentación da solicitude que acredite a necesidade da actuación. – Certificado de inicio das obras (no caso de que estean iniciadas antes da publicación da convocatoria) – Título habilitante: licenza, solicitude de licenza, comunicación previa ou comunicación previa + declaración responsable – Anexo 2 (comprobación datos do solicitante e da unidade de convivencia): un por vivenda – Anexo 3 (declaración responsable de non estar obrigado a facer declaración da renda) + documentación xustificativa das rendas do ano 2017. Un por vivenda, de ser o caso. – Anexo 4. Só para comunidade de propietarios/agrupac. CCPP/agrupac. propietars/soc. cooperativa (acordo de solicitar a subvención, nomeamento da persoa representante, número de vivendas do edificio, superficie, referencia catastral e persoas participante) | |||
CASOS CONCRETOS A VALORAR QUE DEBEN ACHEGAR DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA | – BIC (xustificación) – Discapacidade non recoñecida pola Xunta – O solicitante é o arrendatario (contrato de alugamento con referencia catastral e acordo propietario-inquilino autorizac. execuc. obras) – Persoa propietaria única dun edificio de vivendas (memoria xustificativa necesidade realoxo inquilinos e compromiso destinar a alugamento mínimo 5 anos) | ||||
Solicita empresa (construtora, arrendataria ou concesionaria), empresa de servizos enerxéticos ou sociedade cooperativa (non composta por persoas propietarias) | – Anexo 1 – Documento que acredite a representación, no caso de que exista – Proxecto técnico ou memoria – Certificado de inicio das obras (no caso de que estén iniciadas) – Título habilitante: licenza, solicitude de licenza, comunicación previa ou comunicación previa + declaración responsable – De ser o caso, certificado do acordo do órgano competente para solicitar a axuda – Escritura de constitución e/ou estatutos vixentes inscrito no rexistro público correspondente – Xustificante pago último recibo IAE – Contrato vixente que acredite a relación xurídica entre a propiedade e o solicitante e autorización expresa para poder executar as actuacións obxecto da axuda | ||||
FORMA DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES | -Obrigatoriamente electrónica para persoas ou entidades obrigadas a relacionarse por medios electrónicos -Preferiblemente electrónica para persoas físicas |