A Agrupación do Val do Ulla -Concellos de Boqueixón, Vedra e Vila de Cruces) vén de abrir un novo prazo de solicitudes para o programa Galeuropa. Neste caso, ofértase unha praza para Sicilia (Italia) para unha estancia de tres meses. As solicitudes deberanse presentar entre o 17 e o 24 de agosto, ambos inclusive. A ficha de inscrición podes descargala aquí. Máis información: galeuropavaldoulla@gmail.com ou nos teléfonos 981 513 115, 986 582 017, 669 450 801.
Requisitos:
Estar inscritos/as e figurar como beneficiarios/as no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Forma de presentación de solicitudes:
Mediante e-mail galeuropavaldoulla@gmail.com
Documentación a presentar:
- Instancia (ficha de inscrición)
- Xunto coa seguinte documentación requirida: copia do DNI, certificado de garantía xuvenil, currículo europeo en galego e en inglés, xustificante de ser vítima de violencia de xénero ou persoa en risco de exclusión social, se é o caso.
O novo prazo de presentación de solicitudes:
Dende o 17 de agosto ata o 24 de agosto inclusive.
Mobilidade ofertada:
– Italia Sicilia 1praza
Duración da mobilidade: 3 meses
Mail de contacto: galeuropavaldoulla@gmail.com
Teléfonos de contacto : 981513115, 986582017, 669450801
Máis información:
www.boqueixon.gal www.concellodevedra.com www.viladecruces.gal