O Concello de Boqueixón vén de abrir o prazo de inscrición para as Actividades Físicas e Deportivas para adultos para o curso 2018-2019. Ofértanse un total de catro disciplinas (Pilates, Zumba, Bailoterapia e Ximnasia de Maiores) que cuxas sesións se desenvolverán tanto no ximnasio municipal (en O Forte) como en distintas parroquias (máis concretamente, en Ponte Ledesma, Lestedo, Camporrapado, Sergude e Lamas).
As inscricións para estas actividades, que se estenderán dende setembro de 2018 a xuño de 2019, deberanse formalizar Departamento de Cultura (cultura@boqueixon.gal – 981 513 115). Alí deberase entregar a ficha de inscrición correspondente, que se pode descargar aquí. Dende o Concello recomendan inscribirse canto antes, xa que as prazas son limitadas. A oferta de actividades pódese consultar premendo neste enlace ou no arquivo adxunto.
Para poder realizar ditas actividades requírese un grupo mínimo de 10 persoas por grupo e un máximo de entre 15 e 20, dependendo do espazo no que se desenvolvan. Poderán participar nelas menores con idades comprendidas entre 15 e 18 anos, sempre que teñan autorización.
No caso da Ximnasia de Maiores, pódense solitar grupos a maiores noutras parroquias, sempre e cando conten cun mínimo de 10 participantes.
Para máis información, pódese contactar cos Departamentos de Cultura (horario, de luns a venres de 09.00 a 14.30 horas) e de Deportes nos e-mails cultura@boqueixon.gal ou deportes@boqueixon.gal, ou nos teléfonos 981 513 115 ou 636 731 721, respectivamente.
Adxuntos
- Ficha inscrición deporte-adultos 18-19 (180 kB)
- Ficha inscrición deporte-adultos 18-19 (180 kB)
- CartelActividadesFisicasEDeportivasAdultos (785 kB)