O Campo do Río de Ponte Ledesma acollerá o próximo venres 10 de agosto unha nova edición da Noite Velada. Esta iniciativa, organizada polo Concello de Boqueixón, pretende aunar a tradición e a cultura envolta coa imaxe dunha ponte histórica que se alumeará coa luz das candeas.
Un ambiente máxico que se recreará a partires das 21.30 horas. A Noite Velada contará coas actuacións de Son de Gaita, Muxicas da Silveira e Pelepau. Ademais da música, e dado que o ambiente se presta a isto, se ofrecerá a todos os asistentes unha breve representación do conxuro da queimada e unha degustación de balde, que porá o broche perfecto a unha noite de verán a pé do Ulla.
O espazo tamén contará con diversos postos de bebida e comida. Deste xeito, todas as persoas asistentes terán a oportunidade de cear á luz das candeas ao tempo que escoitan música tradicional.
A actividade é totalmente gratuíta. Dende o Concello de Boqueixón animan á veciñanza e visitantes a participar nesta Noite Velada, que agardan conte con centos de asistentes.