O Concello de Boqueixón conmemora o Día das Diversidades Sexuais LGTBQI 2018 co seguinte manifesto:
O artigo 14 da Constitución Española sinala que “os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza , sexo , relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.
Neste 28 de xuño do 2018 con motivo da conmemoración do día das diversidades sexuais, o Concello de Boqueixón, ao igual que a gran maioría das corporacións locais, comprométese na necesaria sensibilización de xerar sociedade, apoiando a diversidade e a liberación sexual que non entende de orientación sexual ou identidade de xénero, como elemento esencial para a convivencia , o progreso e o desenrolo social e económico sostible.
Reafirma o concello o compromiso cos dereito humanos, e en consecuencia coa diversidade sexual, así como a non discriminación das persoas pola súa orientación sexual ou identidade de xénero.
E reafirma igualmente a firme determinación de avanzar na superación de barreiras que aínda se manteñen hoxe en día e condenando todo tipo de agresión, incluíndo tanto a violencia física como a verbal, a humillación e o menosprezo cara persoas LGTBI.