A concelleira de Servizos Socias e Igualdade do Concello de Boqueixón, Ana Mª Seijo Mosquera, e a directora do Centro de Información á Muller (CIM) de Boqueixón, Touro e Vedra, Cristina Carbajales, participaron esta semana na xuntanza que tivo lugar no Centro de Recuperación Integral para Mujeres que sufren violencia de género (CRI), en Santiago de Compostela, con motivo da visita de Jacquelyn C. Campbell. Campbell é unha experta internacional en violencia de xénero e recoñecida como doutora Honoris Causa pola Universidade de Vigo.
Nesta xuntanza, na que tamén estivo presente a secretaria general de la Igualdade, Susana López Abella, abordouse a temática de violencia de xénero dende a experiencia persoal e profesional de Jacquelyn C. Campbell. A experiencia da que é na actualidade unha das académicas máis recoñecidas internacionalmente no eido da violencia contra a muller permitiu ás participantes afondar nesta problemática.
O encontro completouse cunha posterior rolda de intervencións por parte das distintas profesionais dos Centros de Información á Muller. Unha xornada de intercambio de experiencias co fin de seguir procurando vías para rematar con esta lacra social.