O Concello de Boqueixón fai pública a listaxe provisional do proceso selectivo de 4 peóns de obras públicas do Programa de Integración Laboral (PIL) 2018. Pódese consultar a listaxe no arquivo adxunto ou premendo aquí.
Procédese a establecer o prazo de 5 días contados dende o mesmo día desta publicación (dende o 25 ó 29 de xuño de 2018) para presentar reclamacións, que deberán facerse como segue: presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, en horario 09:00 a 14:30 ou na forma prevista no artigo 38.4 da Lei 39/2015, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común (LRXAP). Neste último caso, os aspirantes deberán adiantalo mediante fax (ó número 981 51.30.00) no prazo establecido e co rexistro e selos correspondentes e, se presenta a reclamación a través das oficinas de correos, deberá aparecer o selo na propia reclamación, e remitilo por fax no prazo establecido.