O Concello de Boqueixón fai públicas as táboas de resultados do proceso de selección de 2 peóns forestais condutor de brigadas de prevención, vixilancia e defensa contra os incendios forestais. O documento pódese consultar no arquivo adxunto ou premendo aquí.
Procédese a establecer o prazo de 10 días naturais contados dende o mesmo día desta publicación (dende o 18 ó 27 de xuño de 2018) para presentar reclamacións, que deberán facerse como segue: presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, en horario 09:00 a 14:30 ou na forma prevista no artigo 38.4 da Lei 39/2015, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común (LRXAP). Neste último caso, os aspirantes deberán adiantalo mediante fax (ó número 981 51.30.00) no prazo establecido e co rexistro e selos correspondentes e, se presenta a reclamación a través das oficinas de correos, deberá aparecer o selo na propia reclamación, e remitilo por fax no prazo establecido.