O Concello de Boqueixón lembra a toda a veciñanza a obrigatoriedade de solicitar os permisos pertinentes para facer as cacharelas de San Xoán. O prazo para presentar as solicitudes no rexistro municipal por parte das persoas, organizacións ou comunidades que desexen realizar unha cacharela finalizará ás 13.00 horas do 22 de xuño.
Nas devanditas solicitudes deberase sinalar o lugar elixido, así como o nome, enderezo e teléfono dos responsables da organización ou comunidade, que deberán coidar os arredores. O modelo de solicitude pódese descargar aquí.
Establécense as seguintes normas con respecto á realización das cacharelas:
- O volume de combustible da cacharela non sobrepasará os seis (6) metros de perímetro nin os dous (2) de altura.
- A separación entre as cacharelas e os edificios e árbores será, como mínimo, de vinte (20) metros. Poñerase especial coidado de non situalas debaixo de tendidos eléctricos ou telefónicos, así como, de que nos arredores non exista ningún local no que se almacenen produtos inflamables.
- Prohíbese a queima de neumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, aceites, etc., e en xeral, calquera substancia que ó arder desprenda fume tóxico.
- En ningún caso se botará ó lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays), aínda cando estean baleiros.
- No suposto de que a cacharela se realice sobre terreos de uso público enlousado, os organizadores encargaranse de protexer o pavimento cunha capa de area de 10 cm.
- Ó rematar a cacharela e antes de abandonar o lugar, os responsables da organización coidarán de que as cinzas queden totalmente apagadas e a pavimentación quede no mesmo estado no que se atopaba antes de iniciarse o lume.
- Será obrigatoria a limpeza do espazo autorizado ó remate da actividade, incluídos os elementos utilizados para o desenvolvemento do mesmo, inmediatamente despois de rematada a cacharela e/ou sardiñada.
Adxuntos
- Solicitude cacharelas 2018 (204 kB)
- Solicitude cacharelas 2018 (912 kB)
- Solicitude cacharelas 2018 (912 kB)
- Solicitude cacharelas 2018 (912 kB)
- Solicitude cacharelas 2018 (204 kB)
- Solicitude cacharelas 2018 (204 kB)
- Solicitude cacharelas 2018 (204 kB)
- Solicitude cacharelas 2018 (912 kB)