A Secretaría Xeral da Igualdade , a través de Resolución do 15 de maio do 2018 , establece as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral, por redución de xornada, como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade.
Obxecto:
Avanzar en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes: incentivos para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo para a atención e coidado das súas fillas/fillos, así como para as familias monoparentais, homes ou mulleres, que precisen apoio para compaxinar vida laboral, persoal e familiar.
Requisitos:
Homes ou familias monoparentais (homes ou mulleres) que entre o 1 de xuño do 2017 e o 30 de xuño de 2018 inclusive, tivesen unha situación de redución de xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas menores de tres anos ou menores de doce anos que padezan unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %.
Estar empadroado en Galicia (cun ano de antelación ao período subvencionado), convivir co fillo / filla; de ser o caso, a persoa cónxuxe ou parella estar traballando; ingresos non superiores a 5,5 veces o IPREM ( Segundo declaración do IRPF do último período impositivo con prazo de presentación vencido 2016).
Prazos:
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 2 de xullo do 2018
Máis información e tramitación de ditas solicitudes consultar na páxina web da xunta ou na da Secretaría Xeral de Igualdade ( https://sede.xunta.gal , https://igualdade.xunta.gal , no enderezo electrónico promocion.igualdade@xunta.gal ) ou ben chamando ao Centro de Información á Muller de Boqueixón, 981 513 061”