O Concello de Boqueixón, dentro do seu programa Falamos de…, unha charla sobre Adicción ás novas tecnoloxías na adolescencia. Esta sesión desenvolverase o próximo xoves 31 de maio na Casa do Concello ás 17.00 horas.
Dirixido á veciñanza en xeral e ás familias de adolescentes en particular, esta actividade ten carácter gratuíto. As persoas interesadas en asistir deberán formalizar a súa inscrición antes do 23 de maio no Departamento de Educación e Cultura a través do teléfono 981 513 115 ou no e-mail cultura@boqueixon.gal.
Esta iniciativa é posible grazas á colaboración da Consellería de Sanidade, a Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) e da Escola Galega de Saúde para Cidadáns. Dende o Concello animan á veciñanza a inscribírense nesta sesión e lembran que os participantes recibirán un diploma de asistencia.