O Concello de Boqueixón vén de abrir o prazo para a solicitude do servizo Madrugadores para o vindeiro curso escolar. Trátase dun programa que busca facilitar a conciliación. Para a súa posta en marcha é preciso contar cun grupo mínimo de participantes.
Este programa diríxese ás familias do alumnado de Educación Infantil e Primaria do Concello de Boqueixón. O lugar onde se realizarán as actividades será o CPI Antonio Orza Couto. O custo e o horario concretanse segundo o grupo obtido a través das solicitudes.
As familias que desexen acollerse a este servizo deberán cubrir ficha, que se pode descargar aquí. Máis información, no Departamento de Educación (981 513 115).
Adxuntos
- FichaProgramaMadrugadoresBoqueixon (110 kB)
- FichaProgramaMadrugadoresBoqueixon (110 kB)
- FichaProgramaMadrugadoresBoqueixon (110 kB)
- FichaProgramaMadrugadoresBoqueixon (110 kB)