O Concello de Boqueixón publica as bases para a contratación, na modalidade de contratación temporal por obra ou servizo a xornada completa, dunha praza de técnico/a – axente de turismo, durante un período de 5 meses durante o ano 2018. A retribución do salario mensual bruto, inclúida a parte proporcional das pagas extras do/a traballador/a será de 1.472,03 €/mes.
As persoas ás que se dirixe esta convocatoria deben estar en posesión dalgún dos seguintes títulos:
- Técnico superior en Guía, Información e Asistencia Turística ou equivalente.
- Técnico en Empresas e Actividades Turísticas ou equivalente.
- Grao ou diplomado en Turismo ou equivalente homologado.
- Grao ou licenciatura en Historia da Arte.
- Grao ou licenciatura en Humanidades.
- Grao ou licenciatura en Xeografía e Ordenación do Territorio.
- Grao ou licenciatura en Historia.
- Certificado de profesionalidade de Promoción Turística Local eInformación ao visitante.
As persoas candidatas deberán estar inscritas coma desempregadas no Servizo Público de Emprego. Tamén deberán estar en posesión do carné de conducir B1.
Os/as candidatos/s deberén presentarse, na data e hora que a Oficina Pública de Emprego requira (ven por carta ou por calquera outro medio de comunicación que a Oficina de Emprego acorde) nas dependencias municipais da Casa do Concello de O Forte s/n, 15881 Boqueixón (A Coruña) co DNI e carné de conducir. Os/as candidatos/as deberán realizar unha proba escrita e a baremación dos méritos para optar á praza. Para a preparación da proba escrita os candidatos/as poderán solicitar nas dependencias municipais da Casa do Concello unha copia fotocopiada do temario.
Pódese consultar a convocatoria completa premendo aquí.