Fátima Liñares Rodríguez, Candela Suárez Méndez e María Crespo Cutrín son as gañadoras da quinta edición do Certame Xosé Neira Vilas, cuxos premios serán entregados o próximo venres 18 de maio, ás 12:00 horas, nun acto que terá lugar no salón de actos do CPI Antonio Orza Couto e que estará presidido polo alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín. Así consta la acta do xurado, reunido hoxe xovs 3 de maio, tras ler os 66 traballos presentados ao certame.
Un xurado composto por José Luís Reimóndez Fernández, presidente da Fundación Neira Vilas; Carme Pereira Mareque, profesora de Lingua e Literatura Galega; e Beatriz Díaz Míguez, bibliotecaria e arquiveira municipal. Tendo en conta a calidade formal, a creatividade e a presentación dos traballos, o xurado decidiu por unanimidade premiar os relatos das seguintes persoas:
Primeira categoría: 3º e 4º de Educación Primaria
- 1º Premio: «A miña amiga a Lúa», de Fátima Liñares Rodríguez
- 2º Premio: «Auga e Lume», de Arianne Ponte Regos
- 3º Premio: «A cidade dos libros», de Emma Rojas Amosa
Segunda categoría: 5º e 6º de Educación Primaria
- 1º Premio: «A eira de Laura», de Candela Suárez Méndez
- 2º Premio: «Un día adolescente», de Xosé Raviña Valencia
- 3º Premio: «Lugares de Boqueixón», de Andrea Rosende Sánchez
Terceira categoría: Educación Secundaria
- 1º Premio: «De corazón», de María Crespo Cutrín
- 2º Premio: «Adolescentes», de Valentina Galdino di Yelsi
- 3º Premio: «Letras amargas», de Paula Agrelo Ribadeo
O V Certame Xosé Neira Vilas recibíu 66 relatos curtos enviados polo alumnado dos centros educativos do municipio boqueixonés, 30 de escolares de Educación Primaria e 36 de Secundaria. A entrega de premios terá lugar o vindeiro 18 de maio, ás 12:00 horas, no salón de actos do CPI Antonio Orza Couto, dentro da programación das Letras Galegas. Repartiranse un total de 750 euros en premios entre os alumnos e as alumnas gañadores e gañadoras. Ademais, editarase un libro con traballos presentados a concurso.