O Concello de Boqueixón, a través do Departamento de Cultura, vén de abrir o período de inscrición para o programa de conciliación Verán Activo e para os cursos estivais, dentro da Acción de Verán’18. O prazo para formalizar as solicitudes estenderase ata o 25 de maio.
O Verán Activo está dirixido a escolares de Infantil e Primaria. As actividades desenvolveranse en xuño (días 22, 25, 26, 27, 28 e 29) e os meses de xullo e agosto, nas instalacións do Forte. O horario será de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas, con posibilidade de ampliación por conciliación. Ofreceranse xincanas, xogos, obradoiros, manualidades ou actividades acuáticas e deportivas para cubrir o tempo de lecer da cativada boqueixonesa.
O custo das actividades é de 60 € no caso do mes completo. Para unha quince, o prezo sería de 30 € e para a semana de xuño, de 20 €. Ofrécense descontos para o/a segundo/a fillo/a na mesma actividade (cunha redución do 25% no prezo); para o/a terceiro/a fillo/a (50% menos) e de balde para o/a cuarto/a fillo/a inscrito/a no mesmo programa.
O Concello tamén oferta cursos de Patinaxe e de Natación en xullo, por 15 €. As actividades son compatibles co Verán Activo, sendo os participantes trasladados ás mesmas.
As sesións de patinaxe desenvolveranse martes e xoves de 10.15 a 11.15 horas, mentras que as de natación serán luns e mércores (iniciación), de 12.00 a 13.00 horas, e martes e xoves (perfeccionamento), de 13.00 a 14.00 horas.
A ficha de inscrición pódese descargar na web municipal aquí e deberanse entregar no Departamento de Cultura ou tamén se podería remitir ao e-mail cultura@boqueixon.gal.
O abono das actividades deberase realizar na conta de Abanca ES68 2080 0320 2531 10000666. Entregarase o resgardo de pagamento ata 10 días antes do comezo da actividade. De non facelo, procederase á baixa na actividade.
Adxuntos
- fichaveranactivo2018 (176 kB)
- fichaveranactivo2018 (176 kB)
- fichaveranactivo2018 (176 kB)
- fichaveranactivo2018 (176 kB)