O Concello de Boqueixón acollerá o domingo 13 de maio a Andaina das Letras. Trátase dunha actividade promovida pola Deputación da Coruña que aunará deporte e literatura. Está dirixida a nenos e nenas e ás súas familias e é de carácter gratuíto, previa inscrición. Estas deberán formalizarse ata o 10 de maio no Departamento de Cultura (981 513 115) ou no e-mail cultura@boqueixon.gal.
O percorrido dará comezo ás 18.00 horas na área recreativa de Sucira. Neste punto dará comezo o safari literario na Ruta dos Pescadores, cunha extensión de 4 quilómetros. Ao remate da andaina, en Ponte Ledesma ofrecerase un gran xogo en familia baixo o título Contos vivos que fan poesía.
Esta actividade inclúese dentro da programación que o Concello de Boqueixón porá en marcha co gaio da celebración do Día das Letras Galegas.