Persoas beneficiarias
- As persoas viticultoras cuxas viñas se destinen a producir uva para vinificación e, así mesmo, as futuras persoas viticultoras que sexan titulares dunha resolución de arrinca, autorización de replantación, dereito de replantación ou autorización por conversión de dereitos inscritos ao seu nome no Rexistro Vitícola.
- Non se subvencionarán as novas plantacións de viña nin tampouco a renovación normal das viñas que chegasen ao final do seu ciclo natural, entendida como a replantación dunha mesma parcela de terra coa mesma variedade de uva de vinificación e segundo o mesmo método de cultivo.
Obxecto
- Regular as axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia a través de plans (colectivos e individuais) e realizar a súa convocatoria para 2018, en réxime de concorrencia competitiva.
- O apoio para esta medida aplicarase ás viñas de Galicia destinadas á produción de uva para vinificación cuxas persoas viticultoras non contradigan a normativa vixente en materia de plantacións para calquera das superficies de viña das súas explotacións.
Bases reguladoras
Orde do 4 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia, e se convocan para o ano 2018.
Esta medida de reestruturación e reconversión das viñas levarase a cabo a través de plans colectivos (mínimo de cinco persoas viticultoras) e/ou individuais.
Poderá subvencionarse unha ou varias das seguintes actuacións:
a) Reimplantación de viñas.
b) Reconversión varietal.
c) Mellora das técnicas de xestión de viñas.
Os plans poderán conter operacións anuais e/ou bianuais, con ou sen anticipo.
Tipos de axudas
a) Compensación pola perda de ingresos derivada da aplicación do plan (1.627,50 euros/ha e campaña, de ser o caso).
b) Custos de reestruturación e reconversión da viña (50 % dos custos subvencionables tanto para os plans colectivos como individuais).
Prazo para presentar as solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. (DATA DE PUBLICACAnuncioDOGIÓN, 16 DE ABRIL DE 2018. DOG. NÚM. 73)
Adxuntos
- AnuncioDOG (2 MB)
- AnuncioDOG (2 MB)
- AnuncioDOG (2 MB)
- AnuncioDOG (2 MB)