O XXVII Encontro de Maiores celebrarase o próximo 12 de maio no pavillón polideportivo do Forte. Unha cita organizada polo Concello de Boqueixón e que pretende ofrecer unha xornada de lecer para os e as maiores do municipio.
O programa de actos comezará ás 12.30 horas cunha misa no salón de actos do CPI Antonio Orza Couto. A continuación, ás 13.30 horas comezará o xantar de confraternidade.
Xa ás 15.30 horas comenzará a sesión musical e de animación. Haberá agasallos, sorteos e, coma en anteriores ocasións, realizarase unha homenaxe ás persoas de maior idade do concello. O XXVII Encontro de Maiores finalizará arredor das 18.30 horas.
O Concello de Boqueixón pon a disposición dos participantes a posibilidade de trasladalos en autobús ao pavillón polideportivo.
Os prezos para esta actividade son de 10 euros para persoas de 60 anos ou máis e pensionistas, e de 22 euros, para os veciños e veciñas menores de 60 anos. A recollida de entradas débese realizar no Departamento de Cultura do Concello de Boqueixón antes do 4 de maio.