O Local Social de Lestedo acollerá este xoves, 12 de abril, ás 20.00 horas unha xornada informativa as distintas axudas que nestes intres as administracións, en especial a Xunta de Galicia, ofrecen para a rehabilitación de vivendas.
A xornada celebrarase en Lestedo, pero ten carácter comarcal, estando pensada para informar as persoas interesadas dos concellos de Boqueixón e Vedra. A asistencia é libre.
A sesión contará coa asistencia de técnicos da Xunta de Galicia que explicarán as liñas de axudas de:
- Vivendas do Camiño
- Ascensores e salvaescaleiras
- Préstamos cualificados
- Plan Estatal de Vivenda
Dende o Concello de Boqueixón anímase á veciñanza a coñecer as vantaxes destas liñas de subvencións para mellorar as vivendas.