O Concello de Boqueixón está a organizar a terceira edición do seu Campionato de Iudo. A cita desenvolverase o próximo 8 de abril no Pavillón Municipal de O Forte.
Dende o Departamento de Deportes do Concello de Boqueixón agardar a arredor de 300 participantes pertencentes a unha ducia de clubes de toda a bisbarra e doutros puntos da xeografía galega. Entre eles atópanse os dos municipios de Ames, Vedra, Teo, Santiago, Ferrol ou Coruña.
A inscrición é totalmente gratuíta e deberase formalizar antes do 30 de marzo. Para participar nesta competición, dirixida a nenos e nenas de até 12 anos, débense cumprir os seguintes requisitos:
- Ter licenza federativa obrigatoria tramitada
- Ser Judogui de grao de arroz (quedando excluídos os karateguis ou similares)
- Establecer un compromiso de asistencia para non alterar o ritmo do campionato
A competición desenvolverase durante a mañá do domingo 8 de abril. Os primeiros en competir serán os deportistas de entre 9 e 12 anos, establecéndose dúas categorías: Sub 11 (2008/2009) e Sub 12 (2006/2007). Xa a media mañá será a quenda das dúas categorías restantes: deportistas de Iudo de iniciación e nados e nadas nos anos 2010 en adiante.
Todos os asistentes ao Campionato de Iudo de Boqueixón recibirán un premio pola súa participación. Na pasada edición foron máis de 300 os deportistas que se deron cita no Pavillón Municipal de O Forte.
Adxuntos
- Campionato Boqueixón 2018 (3 MB)
- Campionato Boqueixón 2018 (3 MB)
- Campionato Boqueixón 2018 (3 MB)
- Campionato Boqueixón 2018 (3 MB)