Convocatoria de cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), para licenciados ou graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, co obxectivo de acadar a formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG. núm. 52, Academia Galega de Seguridade Pública)
LUGAR DE IMPARTICIÓN: Os cursos convocados realizaranse na Academia Galega de Seguridade Pública (r/ Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra), sen prexuízo da realización das prácticas ou outras actividades necesarias fóra da Agasp.
CONTIDO DAS ACTIVIDADES FORMATIVAS: O contido das diferentes actividades formativas convocadas pola presente resolución son as establecidas no anexo V e anexo VI do Decreto 35/2017, polo que se modifica o Decreto 104/2012, que establecen diferentes módulos formativos. Entre os módulos formativos inclúense as prácticas profesionais non laborables, que deberán realizarse obrigatoriamente para obter a certificación do curso, sen que sexa posible a súa validación.
DESTINATARIOS/AS:
- Licenciados/as ou graduados/as en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.
- Técnicos/as superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas.
Non atoparse inscrito de forma definitiva no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia.
PRAZO DE INSCRICIÓN: O prazo de inscrición é de sete días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
SOLICITUDES:
- O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp.xunta.gal); non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude. Ademais, os interesados durante este prazo de solicitudes, achegarán mediante correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal o título de licenciado ou graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte ou de técnico superior en
- As persoas que non sexan usuarias da páxina web da Agasp deberán previamente darse de alta nela, para o cal é necesario facilitar unha conta persoal de correo electrónico.
- En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á Agasp a través dos números de teléfono 886 20 61 12, 886 20 61 37 e 886 20 61 38, do fax 886 20 61 23 ou do enderezo de correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentaciónde solicitudes.
- A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado.
- Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente todos os datos para realizar a selección do alumnado, non se axusten ao modelo normalizado ou sexan presentadas fóra de prazo.
- Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais.
ANEXO
Denominación do curso | Núm. de edicións | Horas lectivas | Prazas por edición | Proba específica | Datas curso | Data finalización prácticas | Horario |
Curso de adaptación da actividade física e deportiva para o exercicio profesional do socorrismo en instalacións acuáticas na Comunidade Autónoma de Galicia (CAFDO-IA) | 1 | 265 | 25 | 2 de abril ás 11.00 h | 6, 7, 8, 13, 14, 15, 20, 21, 22 de abril | 30 de xuño | Venres (tardes) Sábados (mañás e tardes) Domingos (mañás e tardes) |
Curso de adaptación da actividade física e deportiva para o exercicio profesional do socorrismo en espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia (CAFDO-EAN) | 1 | 270 | 25 | 7 de maio ás 11.00 h | 11, 12, 13, 18, 19, 20, 25, 26, 27 de maio e 1, 2, 3 de xuño | 30 de xuño | Venres (mañás e tardes) Sábados (mañás e tardes) Domingos (mañás) |