O Concello de Boqueixón vén reconverter o antigo díptico trimestral de propostas culturais, educativas e sociais, Xanela BQXN, nun boletín informativo mensual. O primeiro número, o de marzo, xa está na rúa, distribuído por todas as casas dos veciños e veciñas e tamén por locais sociais, o centro de saúde ou outros locais municipais.
Nesta nova publicación ofreceranse, mes a mes, as principais novas acontecidas no municipio. Tamén se dará conta das principais actividades propostas para o mes en curso e para o seguinte. Estas poderanse consultar na sección de Axenda, que se atopa na contraportada da publicación.
Para este mes de marzo, as actividades propostas son as seguintes:
- 10 de marzo. Visita teatralizada á Ponte Ledesma. 12.00 horas. Actividade gratuíta. Inscricións antes do 9 de marzo, no teléfono 981 513 015 ou en boqueixonturismo@gmail.com.
- 21 de marzo. Circuíto Termal. Viaxe ás Termas de Outariz e visita a un lugar de interese. Prezo: 25 euros. O custo inclúe transporte, comida e tratamento termal. Inscricións no Departamento de Cultura (981 513 115).
- 22 de marzo. Charla sobre a Vespa Velutina. Casa do Concello. 21.00 horas. Actividade gratuíta. Sesión informativa con mostra sobre elaboración de trampas. Inscricións no Departamento de Cultura.
- 26, 27 e 28 de marzo e 2 de abril. Semana Activa. Programa de conciliación. De 09.00 a 14.00 horas. Prezo: 10 euros. Propostas de lecer para cativos e cativas de Infantil e Primaria no polideportivo de O Forte. Inscricións no Departamento de Cultura antes do día 21 de marzo.
Para o mes de abril prepáranse as seguintes actividades:
- 16 de abril. Programa Coñece Galicia. Viaxe á vila de Betanzos. Prezo: 20 euros. O programa inclúe visitas á feira betanceira, casco histórico e ao parque do Pasatempo. Inscricións ata cubrir prazas no Departamento de Cultura.
- 22 de abril. Estre de Teatro. Casa da Cultura de Camporrapado. 18.00 horas. Entrada de balde. O Clube de Maiores de Boqueixón presentará a súa obra titulada ‘Urxencias’.
- 26 de abril. Unidade Móbil do DNI. Casa do Concello. De 09.30 a 13.0 horas. Inscricións ata esgotar prazas dispoñibles no teléfono 981 513 061.
Adxuntos
- XanelaMarzoFinalBaixa (581 kB)
- XanelaMarzoFinalBaixa (581 kB)
- XanelaMarzoFinalBaixa (581 kB)
- XanelaMarzoFinalBaixa (581 kB)