O prazo de solicitude de prazas de novo ingreso e renovacións para a Escola Infantil Municipal Raíña Lupa” de Boqueixón, estará aberto do 1 ao 30 de abril de 2018.
Requisitos:
Estar empadroado no termo municipal.
Idade de ingreso:
Idade mínima: ter cumprido os tres meses na data de ingreso.
Idade máxima: non ter cumprido os tres anos de idade ao 31 de decembro de 2018.
Documentación a achegar coa solicitude:
Fotocopia compulsada do libro de familia.
Fotocopia compulsada do DNI da nai/pai titora ou titor.
Certificado de empadroamento e convivencia.
Última declaración do IRPF (2016) ou certificación negativa de facenda de non tela presentada, se é o caso certificación de prestación económica para desempregados do INEM.
Última nómina, e se é posible contratos de traballo. No caso de ser autónomo fotocopia do último recibo de pago do banco.
Nos casos de deficiencias ou enfermidades alegadas polos membros da unidade familiar, certificado médico acreditativo.
No caso de minusvalías físicas, psíquicas ou sensoriais, informe do grao minusvalía, así como da necesidade de integración.
Documentación acreditativa de incidencias (separación, abandono do fogar, etc…).
Informe de Servizos Sociais nos supostos que sexan necesarios.
Prégase traer a documentación completa á hora de facer a solicitude ou renovación.
Máis información: Departamento de Servizos Sociais do Concello. Tel: 981 513 106.
Para consultar o bando, premer aquí.