O próximo 9 de marzo cúmprense 209 anos da batalla (1809) entre as tropas de Napoleón e o exército de campesiños ao mando de Gregorio Martínez que, armados con trabucos e apeiros de labranza, lograron conter -aínda que fose temporalmente- o avance do exército francés.
Con motivo de ensalzar esta data e a importancia que tivo na historia a ponte que une Gres e Ponte Ledesma, os concellos de Boqueixón e Vila de Cruces en colaboración con Amigos da Ponte, organizan visitas teatralizadas gratuítas, nas que, o guía turístico Suso Martínez encargarase de recrear a historia da ponte e a súa contorna.
Datas: 4 e 10 de marzo con saída ás 12:00 h. do campo do río de Ponte Ledesma
Inscricións nos concellos de Boqueixón e Vila de Cruces, ata esgotar prazas.