RECOÑECEMENTOS ÁS TAPAS GAÑADORAS DO CONCURSO VI RUTA DE TAPAS DE BOQUEIXÓN E ENTREGA DE PREMIOS ÓS/ÀS CLIENTES GAÑADORES/AS DOS SORTEOS
A VI da Ruta de Tapas “Qué rico estás Boqueixón” 2017 celebrada o 24, 25 e 26 de novembro e 1, 2 e 3 de decembro, finalizou co contento xeral de hostaleiros e clientes, un éxito de público posto que supuxo un aumento considerable con respecto á ruta do 2016.
Tapas elaboradas co maior esmero e que os clientes souberon recoñecerllo percorrendo os 11 establecementos participantes: Casa de Xantar O Imprevisto, Café Bar Latino, A Taberna d´San Benito, Café Bar A Barreira, Casa de Xantar Casa Castro, Casa Agrelo, Restaurante Vente Vindo, Café Bar O Rincón de Pepe, Cervexería O Vikingo, Café Bar O´26 e Restaurante Vía da Prata e votando pola mellor.
O reconto de votos do xurado popular dou o seguinte resultado:
1º PREMIO “A MELLOR TAPA DE BOQUEIXÓN 2017”
Café Bar O RINCÓN DE PEPE coa tapa “Os sete pecados”
2º PREMIO
Cervexería O VIKINGO coa tapa “Airiños do Pico”
3º PREMIO
A TABERNA D´SAN BENITO coa tapa “Costeleta de cordeiro con salsa de inverno”
Por outra banda, realizouse a entrega dos premios sorteados, repartíronse entre os 13 clientes agraciados, un total de 200€ en metálico, 5 botellas magnum cortesía da Bodega Pazo do Mar, 4 estoxos de botellas cortesía de Bodegas Lodeiros e 1 vale de 120€ para canxear por un xantar/ cea nos establecementos hostaleiros da ruta