Durante a semana do 11 ó 15 de decembro o departamento de deportes do concello de Boqueixón, en colaboración cá reponsable da materia de Educación Física do CPI ANTONIO ORZA ,desenvolveuse unha serie de talleres sobre PRIMEIROS AUXILIOS dirixidos os alumnos da ESO .
Ofrecéronse charlas sobre a importancia dos coñecementos de como activar os protocolos da CADEA DE SUPERVIVENCIA ante calquera emerxencia explicándolle mediante supostos prácticos as pautas a seguir. Así mesmo, aprenderon como actuar en situacións concretas como un atragantamento utilizando a “Maniobra de Heimlich” e tamén se fixeron prácticas cun desfibrilador de adestramento.
O Concello de Boqueixón segue apostando pola formación dos cativos nesta materia ,promovendo a cultura da seguridade e da prevención de riscos e accidentes tanto no ámbito escolar como durante a práctica deportiva.