Hoxe recibimos a visita do Coronel da Garda Civil – Xefe da Comandancia de A Coruña, Don Francisco Javier Jambrina Rodríguez, e do Capitán Xefe da Compañía de Santiago de Compostela, Don Luís Nicolás Arroyo Pérez, na que lles plantexamos a preocupación da Corporación Municipal, pola vaga de roubos que nestes últimos meses se están a producir en Boqueixón, sobre todo na parroquia de Lestedo, aproveitando para solicitarlles o reforzo de plantilla como medida preventiva.
O Coronel comprometeuse a incrementar as unidades que atenden o noso concello, e pide a colaboración cidadá para alertar da presenza de vehículos e persoas pouco habituais ou sospeitosas polas nosas aldeas, tomando nota de matrículas, descrición de persoas e calquera outra información que poida axudar a detención dos autores dos roubos.
Recordade que o número de teléfono “062” está operativo as 24 horas do día.