Domingo, 3 de decembro • 18.00 horas • Casa da Cultura de Camporrapado • Entrada libre •
Badius é unha compañía de teatro afeccionado de Baio (Zas) que conta con mais de 30 anos de experiencia no mundo artístico
e que este domingo se achega a Boqueixón coa interpretación da obra literaria “Frankenstein” publicada alá polo ano 1800 aínda que adaptada ó século de XXI e incorporando importantes toques de humor, que auguran unha tarde entretida.
O doutor Frankenstein, doulle vida á materia morta e creou un ser vivo empregando outras partes de seres humáns mortos sen medir as consecuencias dos seus actos. O resultado foi un monstro, unha criatura con partes perfectas ou outras non tanto…