O 20 de novembro conmemorouse o 28 aniversario do día Internacional dos dereitos d@s nenas e nenos.
Boqueixón uniuse a esta celebración realizando o 3º Pleno infantil o día 24 de novembro no salón de Plenos do noso Concello. Os nenos e nenas de 6º de primaria do C.P.I. Antonio Orza Couto expuxeron as súas reflexións sobre os dereitos extraídos da Convención sobre os dereitos dos nenos e nenas e sobre o cambio climático. Houbo tamén un turno de preguntas e propostas dirixidas ao Sr. Alcalde sobre aspectos específicos do noso Concello.
Participaron como público os alumnos de 5º de primaria do mesmo centro.