O Consello da Xunta de Galicia aprobou unha nova convocatoria para o ano 2018 de axudas da Área de Rehabilitación Integral dos Camiños de Santiago cun importe de preto de 2,9 millóns de euros, sen prexuízo de que aínda se poden presentar solicitudes ao abeiro da convocatoria de 2017, aberta ata o 30 de novembro. Esta nova convocatoria para o 2018 publicarase no DOGA a comezos do vindeiro ano.
Destas axudas poden beneficiarse as vivendas emprazadas nas parroquias do concello (Lestedo e Sergude) polas que pasa o Camiño.
Os propietarios de vivendas emprazadas na ARI, así como as comunidades de propietarios, poden acceder a axudas de ata 15.000 € por vivenda para a rehabilitación das mesmas o que, sen dúbida, facilita e fomenta a mellora das vivendas e con iso das condicións de vida dos seus habitantes, sen esquecer o importante emprego de man de obra que supón a rehabilitación e, polo tanto, os beneficios económicos da mesma para os concellos nos que se realiza.
Programa de rehabilitación de vivendas