Con motivo da conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero o Centro de Información á Muller pón en marcha unha serie de iniciativas.
O 22 de novembro o alumnado de 3ºESO do C.P.I Antonio Orza Couto recibirá a charla “Igualdade, xénero e violencias de xénero”, unha actividade que comprende varias dinámicas participativas que promoven a sensibilización, concienciación e reflexión sobre os estereotipos de xénero, a violencia e a trata e explotación de seres humanos.
Na xornada do xoves presentarase o IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres, unha ferramenta que guía a posta en marcha de accións positivas que contribúan a erradicar a discriminación e as desigualdades e o desenvolvemento dunha política transversal de igualdade en todas as áreas e procesos da xestión municipal.
Nos vindeiros días poderase ver en distintos lugares e centros o “Photocall pola Igualdade”. Previr relacións tóxicas implica ofrecer información que axude a detectar aquelas condutas que nunca se deben permitir na parella e así mesmo información sobre cales son as características dunha relación saudable. Usando como ferramenta o photocall recordamos os límites e os dereitos das persoas nunha relación de parella, baixo o lema “No amor … As mans para loitar, non para ferir. A fala para acariñar, non para anular”