Susana Ferreiro Mareque, enfermeira xubilada do Centro de Saúde do Forte, expón parte da súa obra pictórica na Casa do Concello.
Desde nena, Susana mostrou moito interese polo debuxo e a pintura, comezando fai aproximadamente 20 anos a adicarlle tempo a cultivar esta afección, primeiro de forma
autodidacta e nos últimos tempos asistindo a clases para perfeccionar a técnica de pintura ao óleo e participando en algunha exposición.
A temática mais usual son paisaxes entre as que cabe destacar o cadro da aldea de Boqueixón, na que ela naceu, Ponte Ledesma, O Pico Sacro, Ponte Ulla ….
Datas: do 16 de novembro ao 15 de decembro, de luns a venres de 9:00 a 14:30 h.